Viernes, 18 de Mayo de 2012
Noticias de Lugo (Lugo)
'O PP minte respecto á obra do Plan E en Miguel de Cervantes'
REDACCIÓN | 16 de Noviembre de 2011
Comenta Imprimir
"O Goberno local inviste por igual en todos os barrios de Lugo mentres a Xunta de Galicia discrimina ós concellos que non goberna o PP".

O concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, informou de que a obra de rexeneración dunha zona verde en Miguel de Cervantes incluída no Plan E fíxoa unha empresa con domicilio social en Lugo, as ofertas presentadas por tres empresas teñen a mesma redacción porque se presentaron no modelo tipo empregado para todas as obras do Plan E, a obra está rematada e foron os técnicos e non os concelleiros quen certificaron a obra.

A obra de Miguel de Cervantes fíxoa unha empresa de Lugo, non de Palas de Rei.

Segundo explicou Lino González Dopeso a obra executouna a empresa Ecovame, que ten o seu domicilio social na cidade de Lugo, segundo consta no expedente ó que tivo acceso o Partido Popular.

A obra tivo un presuposto de 37.000 euros, unha cantidade inferior ós 50.000 euros polo que, segundo a Lei de Contratos, podería ter sido adxudicada directamente. E as tres empresas que fixeron ofertas redactáronas igual polo sinxelo motivo de que as presentaron no modelo tipo establecido polo Concello de Lugo para todas as obras do Plan E.

González Dopeso tamén desmentiu que a obra fora certificada por ningún concelleiro xa que, como é sabido, as obras certifícanas os técnicos, non os concelleiros. "Nunca na historia administrativa deste pais certicaron as obras os concelleiros, iso fano os técnicos”, explicou o concelleiro de Medio Ambiente.

Tamén é falso que a obra non estea acabada, como dí o Partido Popular. "A obra está acabada e certificada, ese proxecto terminouse”, manifestou Lino González.

As ofertas das tres empresas foron presentadas no único modelo oficial para as obras do Plan E.

Para o concelleiro de Medio Ambiente "a mentira, o enredo, a maledicencia é o dispara que algo queda non é máis que xogo suxo, un intento de manchar a honorabilidade dos demais”.

González Dopeso tamén lembrou que "estamos a falar dun contrato menor que o PP pon en cuestión por terceira vez e volveno facer en campaña electoral”.

MENTIRAS SOBRE OS INVESTIMENTOS NOS BARRIOS

Pola súa parte, o concelleiro de Urbanismo e voceiro socialista, Luis Álvarez, salientou que "lamentablemente, xa non son noticia as mentiras do Partido Popular porque en Lugo, as mentiras de Jaime Castiñeira están á orde do día”.

Sinalou tamén que "ninguén con dignidade pode permanecer impasible mentres oe cada día as mentiras de Jaime Castiñeira e do seu alumno aventaxado, Arcadio Silvosa”.

Luis Álvarez negou que o goberno local discrimine a ningún barrio de Lugo en función de a quen lle votan os seus veciños. "Este goberno municipal ten a obriga e a convicción de que todos os barrios deben ser tratados con equidade e o que fai é atender, na medida das nosas posibilidades, as necesidades do veciños”, dixo o Voceiro socialista quen acusou ó Partido Popular de "analizar os resultados electorais e actuar en consecuencia e non hai máis que ver o que fan as distintas concellerías da Xunta co Concello de Lugo”.

En resposta ó Partido Popular, Álvarez lembrou que o barrio da Ponte beneficiouse das seguintes obras: reurbanización da rúa Santiago, estrada vella de Santiago e Ponte con máis de 4 millóns de euros de investimento; nova ponte sobre o río Miño, 18,8 millóns, pasarela sobre o Miño e actuacións complementarias, 4,76 millóns, e agora vaise investir outro millón de euros na rehabilitación da ponte roamana.

Últimas noticias
Los hoteles y hostales disponen ya de las nuevas guías turísticas elaboradas por el ‘Plan Urban’
La Mariña se convertirá en la capital española del surf por segundo año consecutivo
Danos tu opinión
Ya estoy registrado ¿No estás registrado?
Email:
Contraseña:
Olvide mi contraseña
Deja tu comentario, como anónimo
Código:
Introduce el código de la imagen:
Lugo
Datos del ayuntamiento
Alcalde/sa (Gobierno): José Clemente López Orozco (Coalición PSG-PSOE, BNG)
Oposición: PP
Dirección: Pl. Maior, s/n - 27001
Teléfono: 982 297 100
Página web: www.lugo.es
Datos del municipio
Población: 95.416 habitantes
Superficie: 330 km2
Distancia a la capital: 510 km
Fiestas: Martes de carnaval y 5 de octubre
De interés: Centro de servicios de la provincia (comercios y hostelería); en materia industrial y empresarial se han desarrollado varias iniciativas directamente relacionadas con la ampliación y creación de espacios industriales (Polígono Empresarial de las Gándaras, con una extensión 2.200.000 m2, de los mayores de Galicia)
Publicidad
Actualidad de los municipios

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

    Buscador de municipios
 
Publicidad
Hemeroteca
 
 
 
No dan en el clavo Manolo

Manuel Artiñano
Tribuna Municipal © 2012
Favoritos | Quiénes Somos | Contacto | Publicidad | Aviso Legal | Política de privacidad | Diseño Dfutura