Viernes, 18 de Mayo de 2012
Noticias de Lugo (Lugo)
O Concello fai entrega das chaves das vivendas da Casa Domótica
REDACCIÓN | 3 de Enero de 2012
Comenta Imprimir
Ao longo desta semana iranse asinando os contratos cos inquilinos que a través dun contrato de aluguer poderán desfrutar de vivendas adaptadas.

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou da entrega das chaves aos inquilinos das vivendas domóticas, polo que ao longo desta semana se irán asinando os contratos.

O Concello de Lugo, vai ceder o uso de tres das cinco vivendas en réxime de alugamento a persoas que cumpriron cos requisitos esixidos na convocatoria entre os que destacaban o de acreditar unha necesidade de vivenda, insuficiencia de recursos económicos, ter recoñecida un grado de discapacidade permanente igual ou superior ó 33% e contar con mobilidade reducida.

Ana González Abelleira lembrou que "o Concello de Lugo é consciente das dificultades de integración coas que se atopan as persoas con discapacidade, polo que se levan desenvolvendo distintas accións para promover que este colectivo poida levar unha vida máis independente e autónoma".

Así, dende a entidade municipal, co obxectivo de facilitar o acceso a unha vivenda adaptada promoveu á construción dun edificio destinado a este uso para o que se contou coa colaboración das asociacións AUXILIA e COGAMI, que deron a coñecer as necesidades das persoas con discapacidade física e mobilidade reducida e que deron consellos para a elaboración das bases da convocatoria.

Cada unha das vivendas ten unha superficie total de 88,70 metros cadrados, ten dúas habitacións, unha das cales ten capacidade para dúas persoas en cama dobre de 1,50 metros e para mobiliario alternativo, amplo corredor adaptado para facilitar o xiro das persoas con mobilidade reducida, tendedeiro adaptado e cociña con mobiliario móbil patentado e adaptado a diversas discapacidades e cuarto de baño adaptado.

Os contratos de alugamento terán unha duración de dous anos a contar dende o día da súa sinatura e prorrogaranse anualmente ata acadar unha duración total de 5 anos. O prezo do aluguer calculouse en función dos ingresos que posúen as persoas que resultaron adxudicatarias dos contratos e oscilan dende os 156 ata os 191 euros mensuais.

Últimas noticias
Los hoteles y hostales disponen ya de las nuevas guías turísticas elaboradas por el ‘Plan Urban’
La Mariña se convertirá en la capital española del surf por segundo año consecutivo
Danos tu opinión
Ya estoy registrado ¿No estás registrado?
Email:
Contraseña:
Olvide mi contraseña
Deja tu comentario, como anónimo
Código:
Introduce el código de la imagen:
Lugo
Datos del ayuntamiento
Alcalde/sa (Gobierno): José Clemente López Orozco (Coalición PSG-PSOE, BNG)
Oposición: PP
Dirección: Pl. Maior, s/n - 27001
Teléfono: 982 297 100
Página web: www.lugo.es
Datos del municipio
Población: 95.416 habitantes
Superficie: 330 km2
Distancia a la capital: 510 km
Fiestas: Martes de carnaval y 5 de octubre
De interés: Centro de servicios de la provincia (comercios y hostelería); en materia industrial y empresarial se han desarrollado varias iniciativas directamente relacionadas con la ampliación y creación de espacios industriales (Polígono Empresarial de las Gándaras, con una extensión 2.200.000 m2, de los mayores de Galicia)
Publicidad
Actualidad de los municipios

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

    Buscador de municipios
 
Publicidad
Hemeroteca
 
 
 
No dan en el clavo Manolo

Manuel Artiñano
Tribuna Municipal © 2012
Favoritos | Quiénes Somos | Contacto | Publicidad | Aviso Legal | Política de privacidad | Diseño Dfutura