O alcalde resaltou que esta medida “agardo que por pouco tempo, non afectará ao corpo de seguridade nas súas tarefas polo que os veciños poden seguir confiando no seu traballo”.
O alcalde, José López Orozco, anunciou que dende 23 de xaneiro se implanta unha nova reestruturación da Policia Local para dar cumprimento á sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que establece que se volva ao modelo antigo de estrutura no corpo de seguridade.
López Orozco explicou que "por sentencia xudicial anulouse a adscricion de policias locais á nova reestruturación, que está aprobada polo pleno e polo Tribunais, co cal no día de hoxe entrou en vigor a antiga estrutura do corpo de seguridade.”
Proximamente, o Concello levará a cabo as instruccións dadas polo Tribunal para facer a adscricións dos policías á nova reestructuración, que se implantará segundo a Lei de Coordinación de Policia Local de Galicia, "polo que esta modificación vai ser cousa de pouco tempo”, segundo declarou o rexidor lucense.
O alcalde lembrou que "o que dicta a sentenza é que, para evitar a arbitrariedade, faise necesario que o Xefe da Policia Local elabore un informe no que se teña en conta a folla historial dos servizos de cada axente”.
Ademais engadiu que "os postos vanse reasignar segundo o informe e a elección que fagan os axentes, que estarán ordenados pola súa puntuación na oposición e a antigüidade no corpo”, seguindo a orde xerárquica que marca a oposición.
"Quería transmitir tranquilidade aos cidadáns porque a Policia Local vai seguir traballando e non vai a haber problemas no que se refire aos servizos que lle presta á comunidade, aínda que esta sexa unha fase transitoria e que durará pouco tempo” segundo deu a coñecer López Orozco. |