Viernes, 18 de Mayo de 2012
Noticias de Ourense (Ourense)
Posta en marcha de proxectos de alto impacto en I+D
REDACCIÓN | 3 de Junio de 2011
Comenta Imprimir
O plan galego de investigación, innovación e crecemento reforzará o labor das otris para conectar mellor universidade e empresa.

O Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015, promovido pola Consellería de Economía e Industria, contempla o reforzo das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) e dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación "polo seu papel dinamizador e, en moitos casos, mesmo iniciador dos procesos de valorización do coñecemento producido polas universidades galegas, procesos que consideramos imprescindibles para garantir a competitividade e o crecemento da nosa economía”, segundo expuxo o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, durante a súa intervención na Conferencia RedOTRI 2011.

Neste encontro, do que o Campus de Ourense da Universidade de Vigo é anfitrión este ano, participan técnicos de transferencia de 70 universidades españolas.

"O I2C adoptará as medidas necesarias para superar o anterior modelo, no que a xestión dos servizos de apoio á investigación se consideraba unha actividade secundaria e dispersa, e consolidar un novo modelo no que o soporte á investigación se organiza como un sistema integral, profesionalizado e unificado”, explicou o director xeral de I+D+i, que aclarou que estas medidas se enmarcan no eixo estratéxico do I2C denominado Sistema integral de apoio á investigación.

Capilla fixo fincapé no interese da Consellería de Economía e Industria en incentivar a posta en marcha de proxectos de alto impacto en ámbitos de coñecemento estratéxicos para Galicia a través de sinerxias entre os axentes de innovación galegos. "A cooperación é fundamental para levar a cabo proxectos de envergadura que permitan, entre outras cousas, acceder a financiamento europeo coma o que temos ao dispor mediante o Fondo Tecnolóxico, aínda moi desaproveitado polos axentes galegos”, explicou, ao que engadiu que o traballo das OTRIs é moi importante para lograr conectar intereses, necesidades e capacidades entre as universidades e as empresas.

Durante a súa presentación, Capilla pediulles aos técnicos de transferencia das universidades galegas o seu apoio para que estas se sumen ao cambio cultural promovido polo I2C, baseado na unión de investigación e innovación con espírito emprendedor e cunha perspectiva baseada na colaboración, de maneira que os centros de coñecemento sexan capaces de facer compatible a súa traxectoria de calidade investigadora cunha maior capacidade de valorización.

"O Plan Galego establece unha nova e necesaria concepción da excelencia investigadora, na que se introduce como elemento avaliador fundamental a transferencia de resultados e, polo tanto, a capacidade para orientalos ao mercado e que teñan a súa correspondente tradución en termos de competitividade”, expresou o director xeral, quen afirmou que a valoración do papel concreto das universidades no conxunto do Sistema Galego de Innovación queda moi clara na distribución orzamentaria do novo Plan para o exercicio 2011.

Do total dos recursos económicos previstos, un 35%, é dicir, máis de 67 millóns de euros, irán destinados ás tres universidades galegas, cunha clara expectativa de impacto directo no sector produtivo a través dunha intensificación da cantidade e da calidade de transferencia de resultados á empresa. Neste sentido, unha das liñas de actuación que materializarán este investimento será o impulso á creación de unidades mixtas formadas por grupos de investigación e empresas.

Por outra parte, Capilla fixo referencia á aposta do I2C polo desenvolvemento de iniciativas de alto impacto en ámbitos de coñecemento estratéxicos para Galicia mediante o apoio a proxectos singulares que supoñan o desenvolvemento de sinerxias entre os axentes do Sistema de I+D+i. Neste ámbito, o Plan contempla o apoio a proxectos singulares en tres campos de coñecemento con especial proxección desde o ámbito universitario galego: as Tecnoloxías e as Ciencias da Vida, con base nas capacidades investigadoras concentradas no Campus Vida liderado pola Universidade de Santiago; as Ciencias do Mar, en relación co gran potencial concentrado no Campus do Mar liderado pola Universidade de Vigo e coa contribución do Instituto de Ciencias Mariñas do CSIC de Vigo; e a Ciencia e Tecnoloxía Forestal, unha área de coñecemento aínda por desenvolver e pola que se aposta a causa da súa importancia para Galicia, con especial fincapé no tema dos incendios forestais.
Últimas noticias
Jornada de puertas abiertas de las Rutas de los Vinos de Galicia
La Xunta impulsa la comercialización de la artesanía gallega
Danos tu opinión
Ya estoy registrado ¿No estás registrado?
Email:
Contraseña:
Olvide mi contraseña
Deja tu comentario, como anónimo
Código:
Introduce el código de la imagen:
Ourense
Datos del ayuntamiento
Alcalde/sa (Gobierno): Francisco Rodríguez Fernández (Coalición PSG-PSOE/BNG)
Oposición: PP, DO
Dirección: Pl. Maior, 1 - 32005
Teléfono: 988 388 100
Página web: www.ourense.es
Datos del municipio
Población: 107.057 habitantes
Superficie: 84 km2
Distancia a la capital: 521 km
Fiestas: Martes de Carnaval y 11 de noviembre
De interés: La industria predominante en Orense es la alimentaria entre la que destaca el grupo cooperativo de Coren y la industria vitivinícola. Otro de los sectores más importantes es el de la moda, con diseñadores nativos como Roberto Verino, Adolfo Domínguez, Uxía y María Domínguez (Bimba y Lola) o Purificación García además de firmas como Carolina Herrera o Tous asentadas en la provincia
Publicidad
Actualidad de los municipios

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

    Buscador de municipios
 
Publicidad
Hemeroteca
 
 
 
No dan en el clavo Manolo

Manuel Artiñano
Tribuna Municipal © 2012
Favoritos | Quiénes Somos | Contacto | Publicidad | Aviso Legal | Política de privacidad | Diseño Dfutura